CONCURSO DE CARTEIS 2025 NOITE MEIGA
A Asociación Cultural Ribadavia Activa-T (Ribadavia, Ourense), no marco da XXV edición de Noite Meiga, convida a todas as persoas interesadas a participar no Concurso de Carteis cuxo propósito é seleccionar a imaxe oficial que anunciará esta emblemática celebración.
A continuación, detállanse as bases do concurso: |
1. TEMA
O cartel deberá inspirarse na esencia da Noite Meiga, evocando elementos como bruxas, meigos/as, almas en pena, demos, ritos ancestrais e o misticismo galego.
2. PARTICIPACIÓN
Poderá participar calquera persoa interesada, sen límite de idade nin nacionalidade.
Aceptaranse todas as obras que se desexen presentar, sempre que se axusten a estas bases.
3. SISTEMA E FORMATO
As obras deberán ser orixinais e inéditas.
O tamaño do cartel será de 43 × 63 cm, en formato vertical.
As propostas deberán enviarse en formato dixital: *.jpg, *.gif, *.pdf, *.bmp, *.png, *.eps, *.svg.
O cartel gañador deberá enviarse posteriormente en formato orixinal editable (arquivo por capas: PSD, AI etc.)/ etc.) para a súa adaptación ao programa oficial e outros materiais promocionais.
4. PREMIO
Outorgarase un único premio de:
200 €
Cea e aloxamento para dúas persoas durante a Noite Meiga 2025.
A obra premiada pasará a ser propiedade da Asociación Ribadavia Activa-T.
5. PRESENTACIÓN E ENTREGA
Os carteis presentaranse sen firma, identificados unicamente cun lema ou pseudónimo.
Nun documento adxunto incluirase: nome completo, localidade de residencia e número de teléfono.
O envío realizarase por correo electrónico a: noitemeigaribadavia@gmail.com.
Data límite de entrega: 11 de setembro de 2025.
6. TEXTO OBRIGATORIO
Todos os carteis deben conter, de forma clara e visible, o seguinte texto:
NOITE MEIGA
1 DE NOVEMBRO DO 2025
RIBADAVIA
noitemeiga.es
7. TÉCNICA
Técnica libre e uso de cor sen restricións.
As imaxes ou recursos utilizados deben estar libres de dereitos de autor/a ou contar coas licenzas correspondentes.
8. EXCLUSIÓN DE OBRAS XERADAS POR INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Non se aceptarán obras total ou parcialmente xeradas mediante ferramentas de intelixencia artificial (IA).
A participación implica declarar que o traballo foi creado manualmente pola persoa autora, sen o uso de xeradores automáticos de imaxes.
9. EXPOSICIÓN
As obras presentadas poderán ser expostas publicamente en lugar e data que determinará a organización.
Todas as obras pasarán a ser propiedade da Asociación, sen posibilidade de reclamación de dereitos por parte das súas autoras ou autores.
10. XURADO
O xurado estará formado por:
A presidenta de Ribadavia Activa-T
Persoas vinculadas ao mundo da arte e a cultura designadas pola asociación
Unha persoa da asociación como secretario/a (con voz pero sen voto).
O xurado seleccionará a obra gañadora. O seu fallo será inapelable. O veredicto farase público como moi tarde o 22 de setembro de 2025.
O xurado poderá declarar o concurso deserto se considera que ningunha obra alcanza a calidade desexada.
11. REPRODUCIÓN E USO
A Asociación se reserva todos os dereitos de reprodución do cartel gañador, incluíndo a súa difusión en medios dixitais, impresos e audiovisuais, sen que a persoa autora poida reclamar compensación adicional.
Durante a preimpresión, poderán incorporarse logotipos de patrocinadores/as.