Nós – As Meigas

A asociación Ribadavia Activa.T naceu en setembro de 2001, esta idea xurde dun grupo de mozos/as con ganas de facer actividades que impliquen a tódolos veciños do concello de Ribadavia, e desta forma potenciar e promover o interese que xera esta vila. Unha asociación sen ánimo de lucro que aposta por unha Ribadavia con forza, con prosperidade e con ilusión. 

Actualmente somos 20 MEIGAS, que cada ano se reunen nun Aquelarre durante meses para organizar a NOITE MEIGA.

Desde 2.001

Iniciamos esta aventura

20 Meigas

Meigas organizadoras

23 Noite Meiga

Traballando xa! na 23 edición

Unha noite, tan só una noite… A NOITE MEIGA!

Inicios

Tentamos realizar unha actividade cultural procurando recuperar algunha festa tradicional; e é aquí cando xurde a idea da festa do Samaín como festa tradicional procedente da cultura Celta, tan presente na nosa Terra. É a partir deste momento cando decidimos recuperar esta festa, e así, o último sábado de outubro ou sempre cadrando ca data máis próxima á festividade de tódolos Santos celébrase a NOITE MEIGA en Ribadavia

Cada ano..

Dende o 2001, Ribadavia Activa.T organiza esta festa na que cada ano se suma máis e máis xente.

Cada ano tentamos facer as cousas un pouco mellor, correxindo os erros do ano anterior e tentando mellorar a nosa labor. Cada ano pretendemos que as actividades que temos sexan do agrado todos, nenos/as e maiores, e así que o pasen de medo cando chegue a noite. Queremos que a xente disfrute da Noite Meiga, e que as rúas de Ribadavia se enchan de misterio e encantamentos para honrar ós nosos mortos.