Gañador Concurso de Carteis da Noite Meiga 2025

Cartel Gañador 2025

✨ Xa temos gañador/a do Concurso de Carteles da Noite Meiga 2025! ✨

A obra titulada “Brujas”, do artista David Disoluto, será a imaxe que representará a nosa festa este ano. 🎨🧙‍♀️

Queremos dar as grazas a todas e todos os/ás participantes, polo talento e creatividade que compartistes connosco. Sen vós, este concurso non sería posible. 🙌

📍 Ademais, todos e todas os carteis estarán expostos en Ribadavia no Café Bar Aljama, para que poidades gozar de toda a arte presentada nesta edición.

👉 O vindeiro ano volveremos abrir a convocatoria, e agardamos contar de novo coa vosa inspiración máxica.