Presentamos o cartel oficial da Noite Meiga 2026
Xa temos cartel para a Noite Meiga de Ribadavia 2026. 👣🌑
Despois de recibir e valorar todas as propostas presentadas ao concurso, a obra escollida para representar esta edición é a creada por Amir Moliner.
Unha proposta diferente, misteriosa e aberta á interpretación, porque cada persoa pode ver algo distinto nela. Non todos vemos o mesmo.
🏆 Parabéns a Amir Moliner por ser o autor do cartel gañador da Noite Meiga 2026 e grazas a todas as persoas que participaron no concurso e compartiron connosco a súa creatividade.
E, por suposto, as demais obras estarán expostas. Xa vos indicaremos as datas e o lugar para que todas aquelas persoas interesadas poidan velas.
🔥 NOITE MEIGA 2026
📍 Ribadavia
📅 31 de outubro de 2026
A noite está a chegar… 🌑
