Escape Room O Roubo da Coroa

🔐 XA ESTÁN Á VENDA AS ENTRADAS!

O Escape Room «O Roubo da Coroa» da Noite Meiga 2026 xa abre oficialmente a venda de entradas.

🗓️ 30 e 31 de outubro
📍 Igrexa da Madalena · Ribadavia

Reúne o teu equipo de 4 ou 5 persoas e atrévete a resolver un misterio que marcará o destino da Coroa.

Cada día haberá diferentes pases con prazas limitadas, polo que recomendamos facer a reserva canto antes.

Será o voso equipo capaz de descubrir a verdade antes de que sexa demasiado tarde?

🎟️ Reserva xa a túa praza en:

https://vivetix.com/es/entradas-escape-hall-o-roubo-da-coroa-n0hj

#NoiteMeiga2026 #EscapeRoom #ORouboDaCoroa #Ribadavia #Samaín #Galicia #HalloweenGalego

  • A actividade está deseñada para grupos de 4 ou 5 participantes.
  • Idade recomendada: a partir dos 12 anos.
  • Os menores de 12 anos poderán participar sempre baixo a responsabilidade dun pai, nai ou titor legal.
  • A dificultade das probas está orientada principalmente a participantes de 12 anos en diante. A organización non garante a comprensión ou resolución dos enigmas por parte de participantes de menor idade.
  • É imprescindible presentarse no punto de inicio con, polo menos, 10 minutos de antelación á hora reservada.
  • Cada entrada é válida unicamente para o pase e horario seleccionados.
  • A non comparecencia ou a chegada unha vez iniciado o pase suporá a perda da reserva, sen dereito a cambio de horario nin devolución do importe.
  • Unha vez adquiridas, as entradas non admiten cambios nin devolucións, agás por cancelación da actividade por parte da organización ou por causas de forza maior debidamente xustificadas.
  • Durante a actividade deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal da organización.
  • A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar a actividade por motivos de seguridade ou causas alleas á súa vontade.
  • A participación nesta actividade implica a aceptación destas condicións.